Carta da presidenta

Estimados/ as amigos/ as:
Hai pouco tempo resultei elixida Presidenta da nosa asociación e é por iso que quero agradecer a confianza que depositaron na miña os socios/ as.
A responsabilidade nesta tarefa que comezo xunto ás persoas que me acompañan na Xunta Directiva afróntoa con ilusión e ganas de traballar co obxectivo de contribuír a consolidar a excelente tarefa realizada polos equipos directivos que me precederon.
E o obxectivo non é outro que o que marcan os nosos estatutos: “promover e cultivar e perseverante os valores culturais, o patrimonio histórico-artístico e a gastronomía de Galicia dentro do ámbito local de Tres Cantos”.
Isto sen renunciar a novos retos que permitan o crecemento do Centro en todas as parcelas: as actividades deportivas, as culturais, as recreativas e en definitiva todas aquelas que contribúan a unha maior repercusión e relevancia da nosa entidade. En definitiva un sitio onde pasalo ben entre amigos. Por tanto animámosvos a participar nas nosas actividades e as vosas iniciativas sempre serán ben vindas.
Reiterando o meu agradecemento tanto eu, como a miña xunta directiva estamos á vosa enteira disposición.
Afectuosamente,
Asunción Cortiñas
Comparte esta información con....Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Share on Google+
Google+