Himno Galego

O Himno galego está escrito por “O bardo de Bergantiños”, o insigne poeta galego Eduardo González Pondal (Ponteceso, A Coruña 08/02/1835 – A Coruña 08/03/1917). A música é do compositor galego Pascual Veiga, natural de Mondoñedo.

A composición consta de dez estrofas máis, que non foron incorporadas ó himno. Éste foi estreado o 20 de dicembro de 1907 no Gran Teatro do Centro Gallego de La Habana (actual Embaixada de España en Cuba).

Producto dunha cultura propia e reflexo do ambiente cultural e social que foi conformando ó longo da historia unha identidade singular, o himno galego aparece como o símbolo acústico máis solemne e trascendental de Galicia como comunidade política. É estrenado en 1907 en La Habana, froito, como a bandera e o escudo, da emigración. En 1908 farase oficial. Na súa elaboración se conxugan as partituras de Pascual Veiga e o poema Os Pinos de Eduardo Pondal. O motivo central é moi sencillo: que Galicia desperte do seu soño e emprenda o camiño hacia a libertade.

O nome de Galicia non figura en ninguna parte do poema, como é habitual en Pondal, sendo substituido por Fogar de Breogan. Se lle pide que desperte do seu soño, que non esqueza as inxurias e que escoite a voz dos pinos rumorosos, que non é outra cousa que o pobo galego.

Dende 1907 ata 1923 o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi aceptado por moitos máis. Os centralistas asumirano, finalmente, na campaña electoral de 1977. Durante a época anterior á República prohibíronse todos os símbolos rexionais. Entón, as sociedades galegas de Ámerica intensificaron o seu interés pola expresión pública do himno. Coa II República o amor hacia él intensificouse como expresión dunha Rexión dentro do Estado Integral que se tiña constituido. Durante o periodo franquista, ata a etapa de aperturismo, só se cantaba, como moito, en actos culturales e como unha canción máis dentro do folklore galego. Dende 1960 comenza a interpretarse de modo máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos.

En 1975, mentras tiñan lugar uns actos folklóricos na fiesta do Apóstol, a gente comenzou a levantarse mentras o himno soaba. Ó ano siguinte instaurouse este costume de modo definitivo na Praza de la Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes. Ademáis do celtismo e helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimientos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentales, o que posibilitou o seú éxito.