Presentación

A nosa historia é curta. A principios do ano 2000, un grupo de galegos residentes en Tres Cantos, amigos e coñecidos, reunímonos un día para falar da posibilidade de formar un Centro Galego.

Os nosos fins son agrupar a cantas persoas se achen vinculadas a Galicia polo seu nacemento, natureza, ascendencia familiar, arraigamento ou simpatía, así como promover e cultivar os valores, o patrimonio cultural – histórico, artístico, folclórico e gastronómico – de Galicia, dentro do ámbito tricantino. Regularmente realizamos cursos:

Actualmente superamos os mil socios. Somos un centro asociado á Xunta de Galicia e pertencemos á Federación de Asociacións Galegas de Madrid.