O escudo

250px-Escudo_de_Galicia.svgA heráldica xorde por motivos prácticos: o combatente medieval, coa cabeza oculta polo capuchón da cota de mallas e o nasal do casco, tivo que usar signos para ser recoñecido polos seus no combate. 0 escudo defensivo foi o primeiro soporte natural para este tipo de expresión que contribuía á súa identificación. Da transmisión hereditaria das figuras que alí figuraban e da creación de regras que as rixen, naceu a heráldica.X

Cando a heráldica se estendeu polo occidente europeo, o antigo reino de Galicia estaba integrado xa na monarquía leonesa e os seus reis usaban sinxelamente o león parlante. Esa dependencia foi a causa de que Galicia carecera de símbolo heráldico dos séculos XII ó XIV.

A necesidade de utilizar unba figura que representase a Gaficia provocou a aparición do símbolo eucarístico no escudo por medio dun copón cuberto durante o século XV, do cáliz cunha hostia encima no XVI e pola custodia a partir do XVII.

Esta figura aparece por un antiquísimo privilexio existente na catedral lucense consistente na exposición constante do Santísimo Sacramento os seus fieles.

No Renacimento, o copón perdeu o seu carácter expresivo e, para insistir na súa mensaxe, fíxose patente o pan eucarístico e cambiouse o copón polo cáliz.

A aparición das cruces no escudo de Galicia vén de moi atrás e xurde das preocupacións por encher o espacio baleiro. Elixíronse as cruces fundamentalmente por motivos regixiosos, sendo as prirneiras recrucetadas. Foron seis durante todo o século XVll, pero a que remátaba a custodia rematou por facerse independente e as sete cruces resultantes foron identificadas coas cabezas do antigo Reino de Galicia. Actualmente caracterízanse pola súa sinxeleza.

A cor do campo do escudo será azul dende o século XV e na actualidade as cruces poñénse, con preferencia, de prata. 0 cáliz aparece en ouro fundido e a hostia de prata. Entre os ornamentos exteriores, merece especial atención a coroa e a cruz de Santiago. Non apareceu ata o XVII porque o seu uso estaba reservado exclusivamente ós cabaleiros da orden. Hoxe en día só se mantén a coroa.

Foi en 1972 cando a Real Academia Galega adoptou en sesión plenaria o modelo definitivo deste símbolo que hoxe é considerado oficial.