O pasado 26 de novembro o Centro Galego de Tres Cantos celebrou o magosto, comendo cocido e asando castañas. Ademais, ao final da comida elixiuse aos socios do ano, aqueles que durante este último ano tiveron unha dedicación importante ao centro e cuxa labor se quere recoñecer.