2018 Inauguración Plaza de Galicia
Despois dun longo e caluroso verán, o Centro Galego de Tres Cantos estaremos de volta. En setembro volvemos retomar todas as actividades e cursos: Gaita e percusión Baile galego pandeireta Marcha nórdica Ademáis de: xuntanzas, actividades culturais, participación nas distintas festas de Tres Cantos, etc. Se queres coñecernos, nesta mesma web e nas redes sociais (facebook, twitter, instagram, … Ler máis
O pasado 26 de novembro o Centro Galego de Tres Cantos celebrou o magosto, comendo cocido e asando castañas. Ademais, ao final da comida elixiuse aos socios do ano, aqueles que durante este último ano tiveron unha dedicación importante ao centro e cuxa labor se quere recoñecer.
O pasado 23 de outubro o Centro galego de Tres Cantos celebrou o seu concurso de empanadas e tortillas. Cada socio participou elaborando as súas mellores receitas de empanada e tortilla e que acto seguido o xurado avaliou. Ademais do concurso, inaugurouse o muro do local do centro, pintado polo socio José Luis Cano, unha … Ler máis
O Centro Galego de Tres Cantos partiu o pasado domingo 9 de outubro á conquista de Dulcinea, na cidade de El Toboso. Os socios asistentes a esta excursión participaron a unha visita moi completa de El Toboso, que incluiu: Visita á Casa de Dulcinea, monumento histórico-artístico que foi propiedade de doña Ana Martínez Zarco de Morales, persoa na que se inspirou Cervantes … Ler máis
O pasado 3 de outubro o grupo de Marcha Nórdica do Centro Galego realizou a ruta do Azud en Guadalix. A ruta foron 16 km de intensidade suave e incluiu tamén a baixada á cascada del hervidero. ¡Un día estupendo na compaña dos Nordic Walkers!
Os socios do Centro Galego de Tres Cantos achegaranse o próximo 9 de outubro a El Toboso para realizar unha visita cultural. Ademáis de múltiples actividades durante todo o día, polo mediodía actuará o grupo do centro, Arde-llo Eixo, na praza de Juan Carlos I. ¡Vémonos en El Toboso!
Xa se achegan as Festas Maiores de Tres Cantos. Este ano terán lugar entre o 23 e 26 de xuño de 2016 no recinto ferial. O Centro Galego de Tres Cantos montará, como todos os anos, unha caseta na se poderá degustar todo tipo de racións e tapas, ademáis do mellor viño e cerveza. Podes consultar aquí o programa das fiestas deste año. O viernes 24 o grupo … Ler máis