Á conquista de Dulcinea

O Centro Galego de Tres Cantos partiu o pasado domingo 9 de outubro á conquista de Dulcinea, na cidade de El Toboso. Os socios asistentes a esta excursión participaron a unha visita moi completa de El Toboso, que incluiu:

  • Visita á Casa de Dulcinea, monumento histórico-artístico que foi propiedade de doña Ana Martínez Zarco de Morales, persoa na que se inspirou Cervantes para a creación da súa personaxe Dulcinea en El Quijote.
  • Visita ó museo cervantino, onde se atopa unha exposición de 200 exemplares de El quijote en varios idiomas e firmados por distintas personalidades públicas. En particular, alí puidose visitar a edición máis grande da primera parte de El Quijote.
  • Actuación do grupo do Centro Galego, Ardello Eixo, na praza de Juan Carlos I. O grupo amenizou durante 40 minutos a tódolos visitantes e ciudadáns de El Toboso que quixeron achegarse a coñecer un pouco da cultura galega.
  • Comida degustación no restaurante La Noria de Dulcinea, onde se probaron platos típicos manchegos.
  • Visita á bodega Campos de Dulcinea, con cata dos viños alí producidos.

¡Podedes ver as fotos desta actividade facendo click aquí!

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.