Xornadas Gastronómicas 2016

O Centro Galego de Tres Cantos estivo presente unha vez máis nas Xornadas Gastronómicas 2016 que se celebraron do 27 ao 29 de maio. Lacón, empanada, costela, pementos de Padrón e polbo directamente traido do Carballiño foron algúns dos pratos típicos que se puideron degustar na caseta do centro. O Centro Galego estivo acompañado doutras casas rexionais como a andaluza, aragonesa, asturiana, castelá leonesa ou saharauí.

Ademais, a instalación dunha pantalla xigante para poder ver a final da Champions League entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid fixo que a carpa das xornadas gastronómicas se enchése o sábado noite e vibrase como nunca.

Entre outras actividades que levaron a cabo, o grupo Arde-llo Eixo ofreceu o domingo unha mostra da cultura galega, con ao redor dunha hora de música e baile galego.

Deixamos por aquí unha mostra fotográfica destas xornadas que se seguen realizando ano a ano grazas a todos os socios colaboradores.

 

  • Caseta
    Caseta
  • Carpa Xornadas Gastronómicas
    Carpa Xornadas Gastronómicas
  • Cantareiras
    Cantareiras
  • Grupo baile xóvenes
    Grupo baile xóvenes
  • Grupo baile adultos bailando
    Grupo baile adultos bailando
  • Grupo baile adultos posando
    Grupo baile adultos posando

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.