O centro galego celebrou na mañá deste domingo 24 de abril o día das Letras Galegas, na praza do concello de Tres Cantos e coincidindo ca feira do libro que estivo estos días na Casa da Cultura. Este ano o homenaxeado era Manuel María, do que se leu a súa biografía e algúns dos seus poemas máis coñecidos. Ademáis, os asistentes puideron levar para as súas casas un marcapáxinas con un poema de Manuel María, en galego e traducido ó castelán tamén.
O acto contou ca actuación de gaita e baile do centro, Ardello Eixo. Cun descanso no medio, o grupo amenizou a mañá con case dúas horas de actuación, na que non faltaron muiñeiras, xotas e pasodobles. O centro montou tamén unha pequena barra para poder tomar un aperitivo nesta mañá soleada e, a carón, os nenos disfrutaron dun castillo hinchable e duns títeres.
Moitas gracias a todos pola vosa asistencia e gracias sobre todo a todos os que fixeron posible esta celebración das Letras Galegas en Tres Cantos.
Máis fotos no noso facebook 🙂
“Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!”
Manuel María, Os soños na Gaiola