Que é a marcha nórdica?
A camiñada nórdica, marcha nórdica ou Nordic walking é un deporte de resistencia e unha forma de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda de bastóns similares aos utilizados no esquí.
Qué aporta?
O obxectivo do Nordic Walking é transmitir un concepto de actividade co cal os participantes de todas as idades poden conseguir máis calidade de vida camiñando pola cidade ou o campo comunicándose cos outros, compartindo a actividade con máis xente, facendo amigos.
A marcha nórdica require dunha técnica ao camiñar que sempre debería conducir cara á relaxacion, cara a un equilibrio entre o corpo e a mente. Por esta razón o Nordic Walking esta especialmente dirixido a persoas adultas que levan unha vida sedentaria, persoas con problemas de sobrepeso, onde o consumo de calorias aumenta substancialmente, 410 calorias por hora, mellora a capacidade cardiovascular e a osixenación do sangue, mellora a mobilidade do pescozo e a parte superior da columna á vez que se fortalece as costas.
É moi adecuado para persoas con problemas de costas .
Para practicar correctamente o Nordic Walking precísase de dous bastóns deseñados especialmente para este tipo de marcha. Prezo aproximado 69 €.
Paus recomendados:
- MODELO LEKI “SPIN” regulable, 2 tramos. (65€)
- “Traveler Alu”, regulable 3 tramos. Pouco espacio plegados (80€)
- Leki “Walker XS”. regulables 2 tramos, ideais para nen@s y persoas de menos de 1.55.
- Leki ” PRESTIGUE”, regulables 2 tramos, empuñadura de corcho, moi cómodos. (70€)
Técnica?
As explicacións da técnica están a cargo dunha persoa do CG con formación e experiencia neste tipo de marcha.
Quen pode practicala?
Esta actividade está aberta a mulleres e homes de todas as idades, socios e simpatizantes do Centro Galego.
Cando empeza?
Realizaranse percorridos diarios de 19:30 a 21:00 h e excursións en fins de semana.
Datos informativos para próximas excursións:
- Comenzo: En actividad
- Hora: 19:30 a 21:00 horas
- Lugar de salida: Local do Centro Galego (Lago)
- Percorrido: Parque Central de Tres Cantos
- Material: Imprescincible bastóns de marcha
(Paus recomendados: MODELO LEKI “SPIN” regulable, 2 tramos. (65€))
Máis información sobre a técnica da marcha nórdica nesta presentacion