Quen somos

Que é Tres Cantos?

Para os que non coñezan Tres Cantos, esta nova cidade da Comunidade de Maparques-01drid ten a súa orixe nun proxecto de principios dos anos 70, do século pasado! Empezou a ser habitada en 1982 e logrou a súa independencia de Colmenar Viejo, como municipio, en 1991. Está situada ao bordo da autovía de Madrid-Colmenar Viejo, ao norte de Madrid, a uns 20 km. da Porta do Sol. A súa poboación actual excede os 40.000 habitantes.

Tres Cantos caracterízase pola súa modernidade, as súas amplas avenidas e as súas zonas verdes. Está rodeada, en parte, por unha zona industrial limpa e un Parque Tecnolóxico. Polo oeste, limita co monte de Viñuelas.

Historia do Centro Galego de Tres Cantos

A nosa historia é curta. A principios do ano 2000, un grupo de galegos residentes en Tres Cantos, amigos e coñecidos, reunímonos un día para falar da posibilidade de formar un Centro Galego. Que perseguiamos? Simplemente coñecernos e falar da nosa terra. Pronto empezaron a xurdir ideas e proxectos. Non contabamos máis que con moita ilusión. Cada cal achegou o que puido para poñer en marcha o proxecto do Centro. Preparamos uns estatutos, fixamos unhas reunións semanais, establecemos as bases dunha organización e fixamos unhas cotas para empezar a funcionar.

O acta de constitucional asinouse o 19 de abril de 2000. Os Estatutos foron rexistrados pola Comunidad de Madrid o 23 de outubro de 2000, rexistrouse no Concello de Tres Cantos o 17 de novembro de 2000 e convocamos unha Asemblea Xeral Constituínte na que se nomeou unha Xunta Directiva, o 27 de xaneiro de 2001, cos votos de 50 Socios Fundadores.

Os fins que perseguimos

Os fins definidos polos Estatutos son agrupar a cantas persoas se atopen vinculadas a Galicia polo seu nacemento, natureza, ascendencia familiar, arraigamento ou simpatía, así como promover e cultivar os valores, o patrimonio cultural, histórico, artístico, folclórico e gastronómico de Galicia, dentro do ámbito tricantino.

Estatutos

Pola súa extensión, non transcribimos aquí os Estatutos nin o Regulamento de Réxime Interno do Centro Galego, pero podemos facelos chegar a quen nolo solicite por escrito ao Domicilio social do Centro.