Pousa, pousa

Fun a taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire .
(bis)
É como en cousa de encantamento
fun polo aire, vin polo vento.
(bis)
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa pousa axiña
e non me toques naquela cousiña.
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa pousa axiña
e non me toques naquela cousiña.
Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego  nas viñas.
(bis)
Iso é verdade i eu non o nego
que eu andiven ás loitas co crego
(bis)
E pousa..
Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo.
(bis)
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo.
(bis)
E pousa.. 
 

A Virxe da Barca
 

 
Veño da Virxe da Barca, 
da Virxe da Barca veño,
veño de abala-la pedra, 
de abala-la pedra veño.
Díxenvos unha mentira, 
veño de abala-la pedra, 
veño de abala-la grande, 
que a pequena abala ela.
Nosa señora da Barca 
ten o tellado de pedra, 
ben a puidera ter de ouro,
miña Virxe se quixera.
Nosa señora da Barca 
ten un teito bo de pedra; 
di a campana na volta: 
¡cantas voltas vai dar ela!
A miña Virxe da Barca,
para o ano hei de volvere 
que me quedou a mantilla 
no altar por recollere

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.